OFERTA FORMATIVA PARA AFILIADOS 2017 CCOONÉCTATE Á FORMACIÓN

O Gabinete de Saúde Laboral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e impartirá:

☞ 7 Cursos básicos de prevención (30 h cada un), 15 traballadores/as.
☞ 7 Xornadas para novas delegadas e delegados de prevención (5 h cada unha), 15 traballadores/as.

Modalidade: Presencial.
Matricula: Gratuíta.
Data: Setembro e Outubro.
Duración: O curso básico de prevención de riscos laborais (de 30 horas de duración) está dirixido a delegados/as de prevención e permitiralles obter a formación necesaria que capacita para o desempeño das funcións de prevención de riscos laborais de nivel básico.

Programa:
I. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
a) O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco.
b) Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.
c) Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos nesta materia. II. Riscos xerais e a súa prevención.
a) Riscos ligados ás condicións de seguridade
b) Riscos ligados ao medio ambiente de traballo
c) A carga de traballo. A fatiga e a insatisfacción laboral
d) Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual
e) Plans de emerxencia e evacuación
f) O control da saúde dos traballadores e as traballadoras
III. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa.
IV. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.
a) Organismos públicos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo.
b) Organización do traballo preventivo: «rutinas» básicas
c) Documentación: recollida, elaboración e arquivo.
V. Primeiros auxilios.

Os cursos básicos de prevención e as xornadas para novas delegadas e delegados de prevención realizaranse, se houber alumnado suficiente, na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Quen supere o curso obterá o certificado acreditativo que permite desempeñar funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

Máis Información na vosa Unión Comarcal ou na Federacion de Ensino.