XUNTANZA COMISIÓN PARITARIA SEGURIDADE E SAÚDE

Na xuntanza celebrada o día 27 de xuño, tratáronse os seguintes puntos: 

1.- Adaptación dos comités de seguridade do ámbito de Función Pública, a actual estrutura administrativa. 

A Comisión Paritaria aprobou a supresión dos seguintes Comités de Seguridade: Comité da Ca Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Comité Ca Economía e Industria, Comité Ca Educación e O.U.; Comité Ca Cultura e Turismo; e Comité Ca Traballo e Benestar, e a creación do: Comité Ca Mo Ambiente e Ordenación do Territorio; Comité Ca Infraestruturas e Vivenda; Comité Ca Economía, Emprego e Industria; Comité Ca Cultura, Educación e O.U; Comité Ca Política Social; e o Comité da Ca Mar. 

CCOO solicitou que estes cambios seguisen o trámite correspondente, para a súa publicación no DOG. Lamentablemente a proposta foi rexeitada pola parte da Administración e polo resto de sindicatos, pois argumentaron que era suficiente con recollelos na acta. 

2.- Facultades dos delegados/as de prevención de riscos. 

A Administración presentou unha modificación do artigo 3 do acordo, en materia de prevención, delimitando as facultades dos delegados e delegadas de prevención cando actúan, por substitución, nun comité de seguridade diferente o seu. Desde CCOO opuxémonos a dita modificación. Entón a Administración retirou a proposta quedando en traer unha nova alternativa, para debater na próxima xuntanza. 

Desde CCOO, aproveitando a proposta de modificación do acordo, solicitamos que se incrementase o crédito horario actual, recollido no artigo 6, pasando das 240 horas a 480 horas/sindicato. Os representantes da Administración non aceptaron dita proposta, polo que teremos que instar directamente a Secretaria Xeral Técnica da C. de Presidencia, para que atenda esta petición, tendo en conta que a prevención de riscos laborais, se ten ampliado, na última década, a mais ámbitos de actuación que requiren dispor de mais crédito horario, para a correcta realización do traballo por parte dos delegados/as asignados a estas tarefas.