Publicada a orde co persoal funcionario en prácticas apto. E AGORA QUE?

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170713/AnuncioG0164-060717-0006_gl.html

 

No mes de agosto publicarase no BOE o nomeamento como funcionario/a de carreira, mediante unha listaxe de cada especialidade onde constará a nota da oposición e o voso Número de Rexistro Persoal, que é a vosa identificacion como funcionarios/as.  

Durante o primeiro trimestre do curso a Consellaría faravos chegar ao centro onde esteades destinados o título oficial impreso e mudará a vosa situación en datos persoais, recibindo un correo co nomeamento. Avisade  a MUFACE de que fostes nomeados de carreira; seguramente pediranvos unha copia do nomeamento.

Parabéns a todas/os e benvidas/os ao Corpo! Confiamos en que defendades o Ensino Público e sexades grandes profesionais! 

Se tedes algunha dúbida podedes contactar con CCOO-ENSINO nos nosos locais, teléfonos e correos.