Curso: “LA ACCIÓN EDUCATIVA DE ESPAÑA EN EL EXTERIOR”

Curso realizado en convenio co Ministerio de Educación e dirixido ao profesorado interesado en coñecer e/ou actualizar os seus coñecementos sobre a Acción Educativa de España no Exterior, características dos diferentes programas, funcións de docentes e asesores técnicos, países onde se desenvolve, etc.

Lugar e data de celebración:

Escola Sindical Juan Muñíz Zapico. C/ Longares, 6; 28022- Madrid
Data: 21, 22 e 23 de outubro de 2016

Prezo de inscrición:

Afiliados a CCOO 150 € (cento cincuenta euros)
Non afiliados 225 € (douscentos vinte e cinco euros)
O número IBAN de c/c no que se debe realizar a transferencia é ES77 2100 2119 1502 0047 9776.
Ao realizar o ingreso hase de facer constar o concepto: Curso AEEE nombre e primeiro apelido. Exemplo: CURSO AEEE-Roberto Díaz.
Os afiliados a CCOO deberán achegar á documentación requirida para a inscrición fotocopia do carné de afiliación ou, no seu caso, certificación de afiliación da Secretaría de Organización do sindicato na súa Comunidade ou provincia.

O prezo do curso inclúe:

– Matrícula.
– Material para a preparación do exame que se entregará nun cartón de memoria electrónica.
– A comida de mediodía do sábado, así como os cafés dos descansos.

Como inscribirse:

As persoas interesadas no curso, cuxo prazo de inscrición comeza o 19/09/2016 e finalizará o 19/10/2016, poderán inscribirse na seguinte ligazón:
            https://goo.gl/forms/Tb8FSVKDWueqlUec2
Hai que encher todos os campos obrigatorios e pulsar "enviar" (se non permite enviar é que se deixou algún campo obrigatorio sen encher).
A túa solicitude será rexistrada e enviarémosche a ficha de participante para que a imprimas, a firmes, a escanees e envíesnola, ao correo electrónico formacion@fe.ccoo.es , xunto cos seguintes documentos:

– DNI por ambas as caras
– o encabezamiento dunha nómina de 2016 ( ou certificado do centro de traballo facendo constar o posto que se ocupa e que se está en activo)
– o xustificante de pago
– xustificante, no seu caso, de afiliación.

Duración do curso e lugar de celebración:

A duración do curso é de 25 horas: 20 presenciais e 5 non presenciais. As 5 horas non presenciais deberán xustificarse obrigatoriamente coa entrega dun traballo sobre os contidos do curso, que deberá enviarse á dirección de correo formacion@fe.ccoo.es antes do día 7 DE NOVEMBRO. As persoas que non o envíen nese prazo non poderán dispoñer do correspondente certificado homologado polo Ministerio de Educación.

Aloxamento:

Se vos interesa aloxarvos na mesma Escola, teredes que facer a reserva directamente coa Escola Confederal, enviando un correo a: anglopez@escuela.ccoo.es, solicitando as noites que precisedes. 
O importe é de 39,60 ? / noite (IVE incluído), en habitación individual e 55 ?/noite (IVE incluído) en dobre compartida. Confirmaranvos a reserva unha vez realizada transferencia bancaria ou ingreso na conta cuxos datos vos proporcionarán ao recibir a petición.