A COMUNIDADE EDUCATIVA DI NON AO PECHE DA ESO NO CPI TOMAS DE LEMOS

Preto de 500 persoas secundaron a manifestación convocada no dia de hoxe contra o peche no CPI Tomas de Lemos.

A Consellaría non vai dar marcha atras trala reunión mantida coa xefatura territorial este lun.

A consellaría minte cando dí que existe un plan de recolocación do profesorado e reubicación do alumnado. CCOO Ensino entende que a improvisación e o obscurantismo co que se está a levar a cabo esta medida crea incertidume na comunidade educativa do CPI Tomas de Lemos.

CCOO Ensino denuncia que a consellaría no seu afan de recortar nos servizos públicos xera problemas onde non os hai, creando malestar entre a cidadania e perjudicando sobremedida a servizos básicos como a educación.

CCOO Ensino ten claro que existe un ataque premeditado por parte desta administración os centros públicos de Ourense, durante a crise pecharon mais de 70 aulas de infantil e primaria e se perdeu o 11% dos postos de traballo e agora comeza o ataque os CPI. CCOO Ensino NON o vai a permitir e denunciaremos e mobilizaremos a comunidade educativa para  evitar o atropelo o ensino público en Ourense.

 

VER GALERÍA DE IMAXES