A Consellaría incumple as súas propias normas e négase a rectificar os erros detectados na asignación de tribunais no corpo de mestres

 

Unha vez máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amosa a improvisación ,a falta de rigor e o desprezo que ten para coas e cos aspirantes a unha praza nos procedementos selectivos ao corpo de mestres que se inician o vindeiro día 24.

Á tardanza na publicación das listaxes de admitidos no proceso e da asignación de aspirantes aos tribunais que xulgarán o proceso, feitos denunciados reiteradamente por CCOO, únese a negativa por parte da mesma a subsanar os erros detectados na asignación de tribunais do corpo de mestres.

A asignación de aspirantes aos tribunais 1 e 2 da especialidade de Pedagoxía Terapeútica con sede na cidade de A Coruña non segue os criterios explicitados na orde de 17 de abril pola que se convocaban os procedementos selectivos que na súa base 1.5 dí o seguinte:

" A asignación de aspirantes por tribunal iniciarase por aqueles aspirantes cuxo primeiro apelido se inicie pola letra K e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes."

No caso destes tribunais non existe correlación entre os apelidos dos aspirantes polo que un número importante de aspirantes, que aplicando a orde, deberan figurar no Tribunal 1 aparecen asignados ao 2 e viceversa.

CCOO-Ensino avisou á Consellería desta circunstancia e solicitou unha modificación da asignación para que esta se axustara á norma publicada, ao que a Consellería se negou aludindo á premura de tempo e a que se poderían xerar máis prexuízos que os que se poderían subnasar.

CCOO esixe a subsanación dos erros detectados adxudicando a cada tribunal as persoas que lle corresponden dado que ao non axustarse ás normas do procedemento podería a dar lugar a reclamacións sobre o mesmo e a dilatar o proceso.

CCOO-Ensino denuncia unha vez máis a actitude desta Consellería e a improvisación e falta de rigor que ven amosando no transcurso de todo este proceso. 

Comparte o que pensas