CCOO consegue que as persoas de baixa cobren os gastos de desprazamento cando son citadas pola mutua

CCOO conseguiu, que a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social emita un informe no que recoñece de forma expresa a obrigación de Mutuas e Entidades Xestoras de compensar os gastos de desprazamento ás persoas en baixa por enfermidade común cando sexan citadas a control polas Mutuas.

CCOO consegue que as persoas de baixa cobren os gastos de desprazamento cando son citadas pola mutua, e elaborou un manual de funcionamento ante as citas de control, onde tamén se informa de como proceder si a Mutua non compensase os gastos, e un modelo proposta para reclamalos.

Xa con data 21 de Abril de 2009 publícase no BOE unha Orde TIN/971/2009 pola que se establece a compensación de gastos de transporte nos casos de asistencia sanitaria derivada de riscos profesionais e de comparecencias para a realización de exames ou valoracións médicas, pero a maioría das mutuas viñéronse negando a pagalos alegando que dita Orde precisaba un desenvolvemento normativo adicional.

Co obxectivo de corrixir esta situación, desde CCOO suscitouse desde fai tempo diversas iniciativas no marco do Consello Xeral do INSS e en resposta á última destas iniciativas do sindicato, o órgano da Seguridade Social competente emitiu un informe no que recoñece de forma expresa a obrigación das Mutuas e as Entidades Xestoras de compensar os gastos de desprazamento ocasionados polos chamamentos a control nas prestaciones de IT por contingencias comúns