A CONSELLERÍA DEMOSTRA O POUCO QUE VALORA AO SEU PERSOAL LABORAL, EN CONCRETO AO COLECTIVO DO PERSOAL COIDADOR

Dende a Federación de Ensino de CCOO de Galicia demandamos que se teña en conta a lexislación vixente e, aos representantes dos traballadores/as, para afrontar modificacións do traballo diario.

A Secretaría Xeral Técnica e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, emitiron una instrución conxunta, (8/2017), onde se regulan as funcións a desenvolver polos/as coidadores/as de NEEs nos comedores escolares de catering e nos comedores das ANPAS nos centros de ensino público recoñecéndolles, así mesmo, o dereito ao uso dos mesmos.

A citada instrución contén erros que a Administración debe subsanar:

  • Contravén as moitísimas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza en relación á delimitación de funcións dos coidadores/as do grupo III- 99 e  do grupo IV- 004.
  • Contravén o disposto no decreto 132/2013 de 1 de agosto, canto dí que as empresas de catering, están obrigadas a contratar persoal para atender aos/ás alumnos/as con NEEs. A Orde do 22 de marzo de 2016 no seu artigo 1.b tamén  menciona con claridade a contratación de persoal para a atención de NEEs.
  • Contravén o disposto no propio Convenio Colectivo, xa que se dispón que o/a coidador/a comerá ao mesmo tempo que o alumno/a con NEE, cando o mencionado Convenio, no seu artigo 18.4, recoñece un descanso retribuído de 30 minutos durante a xornada de traballo ou de 15 minutos tratándose de xornada partida, podendo comer os/as coidadores/as neste tempo de descanso. Ademais na mayoría dos casos esto e inviable, xa que estos/as alumnos/as necesitan atención e vixiancia durante todo  o tempo da comida.

O agravio comparativo que se menciona  entre os coidadores que están en centros con comedores de xestión directa e os outros (parece que pretende xerar malestar entre os traballadores) non existiría, se todos os centros dispuxeran de comedores públicos de xestión directa como vimos demandando desde CCOO .

Entendemos que esta Instrución é contraria a dereito polos motivos mencionados anteriormente, e por iso DENDE CCOO DECIDIUSE PRESENTAR UN RECURSO POTESTATIVO, PREVIO Á VÍA XURISDICIONAL, AGARDANDO QUE AS AUTORIDADES QUE O DITARON O RETIREN OU MODIFIQUEN.