Cursos inglés online para afliad@s e familiares

A Federación de Enseñanza de CCOO e Wellington Learning Internacional chegaron a un acordo para ofrecer a posibilidade de estudar inglés con grandes descontos para a afiliación.

 A firma deste acordo ofrece a posibilidade de acceder á oferta de tres cursos on-line, cun 70% de desconto  para afiliación  e os seus familiares.

 Cursos ofertados:

 ·      Curso para Principiantes: é o curso perfecto para aprender inglés desde o principio. De forma amena e mediante o visionado de vídeos, adquirirás os coñecementos necesarios para establecer unha base sólida no teu estudo, ademais de coñecer en profundidade os exames para certificar A1/A2.

 ·      Curso Nivel Intermedio: axudarache a preparar de forma efectiva os niveis B1/B2/First Certificate do marco europeo de referencia para as linguas.

 ·      Método exclusivo ColourPhonics : achégache a aprendizaxe da fonética inglesa usando a cor como ferramenta  didáctica. Os símbolos do Alfabeto Fonético Internacional axudaranche a levar a túa comprensión ao seguinte nivel.

 

Os alumnos/as poden seguir a formación ao ritmo que mellor se adapte ás súas necesidades, ao longo dos 12 meses de vixencia das claves de acceso, desde a data de inicio do curso, tamén para os cursos homologados. O desenvolvemento desta formación utiliza unha metodoloxía eminentemente práctica: por cada unha das 30 unidades das que consta o curso realízanse as seguintes actividades:

–       Visualización e estudo de vídeos explicativos.

–       Gravación da voz do alumno/a para practicar a pronuncia.

–       Estudo e comprensión do material de soporte adxunto.

–       Realización de dous test de tradución e listening do vocabulario.

–       Realización de dous test de tradución e listening de frases con gramática aplicada.

 

Os cursos están homologados para obter a acreditación por parte do Ministerio de Educación Formación Permanente do Profesorado para docentes.

 

Data dos cursos Homologados para docentes: 

·    A1/A2: do 15 de setembro ao 17 de novembro, 100 horas.

·    B1/B2: do 15 de setembro ao 17 de novembro, 100 horas.

·    ColourPhonics : do 17 de outubro ao 17 de novembro, 50 horas.

 

 

Toda a información e a inscrición aos cursos están na páxina https://www.wellington-fe-ccoo.com/, atoparemos tamén unha proba de demo.