O profesorado procedente das antigas Universidades Laborais e AISS poderá xubilarse anticipadamente

Os funcionarios de carreira dos Corpos docentes, procedentes dos Centros de Ensinanzas integradas (antigas Universidades Laborais) e de Centros de Formación Profesional (AISS), que ingresaron en ditos Corpos tras a entrada en vigor da lei 30/84, e con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto Lexislativo 670/1987 de 30 de abril, polo que se aproba o texto refundido de Lei de Clases Pasivas do Estado que actualmente están no Réxime Xeral da Seguridade Social poderán xubilarse anticipadamente dende os 60 anos de idade se cumpren o requisito de ter a lo menos 30 anos cotizados en calquera réxime da Seguridade Social. Deben optar para elo por incorporarse ao Réxime de Clases Pasivas no momento de facer a solicitude.

Este colectivo, actualmente de pouco máis dun centenar de persoas, perdeu a posibilidade de acceder á xubilación voluntaria no ano 2011 no que deixou de aplicarse a DT 2ª da LOE. Desde ese mesmo momento a FECCOO fixo propostas e demandas para recuperar este dereito ao goberno. Levamos o tema de forma individual aos tribunais, perdéndoo nuns casos e gañándoo noutros. Preparamos e presentamos emendas neste sentido aos grupos parlamentares, pero sempre topamos cun muro de incomprensión. Os nosos compañeiros tiveron que esperar ata 2017 para ver como o PP apurado por sumar votos para o seu proxecto de PXE aceptara a emenda 793 presentada polo seu socio (Ciudadanos) que restituíra o anterior dereito. 

É lamentable que se xogue así cos dereitos de colectivos de poucas persoas e non se atendan antes as demandas que polo mero feito de ser presentadas por unha organización sindical non se lles presta a atención necesaria. Finalmente, a persistencia pola vía sindical e xurídica logrou que alguén acabase por entender o problema e propuxera incorporar un dereito que nunca debeu eliminarse.

Hai que esperar a que se aprobe o proxecto de PXE pero todo indica que se aprobará a emenda 793 e desta forma, este colectivo poderá optar á xubilación anticipada cumprindo os requisitos establecidos no artigo 28.2 b) do RDL 670/87 polo que se aproba o texto refundido da lei de clases pasivas do Estado. É dicir, ter 60 anos de idade e 30 de servizos efectivos ao Estado, en calquera réxime da seguridade social.