Proxectos convocatorias promocion interna laboral

Chegounos de DXFP ,  para alegacións os seguintes proxectos de ordes de convocatoria de procesos selectivos:

  • Proxecto de orde do xxx do XXX do 2017, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
  • Proxecto de orde do xxx do XXX do 2017, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
  • Proxecto de orde do xxx do XXX do 2017, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal), 14A (Bombeiro/a forestal condutor), 10B (Vixiante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (Emisorista de defensa contra incendios forestais) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia
  • Proxecto de orde do xxx do XXX do 2017, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría na categoría 001 (camareiro/a–limpador/a, axudante cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

As alegacións poderán ser remitidas ata o 19 de xuño.