MANIFESTO SINDICATOS E PATRONAL POLA OFERTA DE PRAZAS DE EXAMINADORES

CNAE, FeSP-UGT, CCOO e USO, ante a situación pola que atravesan algunhas Xefaturas Provinciais de Tráfico, advirten á DXT das graves consecuencias para a sociedade se non se repoñen as vacantes de examinadores de Tráfico.
As organizacións sindicais FeSP-UGT, CCOO e USO xunto coa Confederación Nacional de Autoescolas (CNAE), como organizacións asinantes do XXII Convenio Colectivo do sector, requiren a convocatoria de oferta de emprego público urxente a fin de cubrir a totalidade das vacantes de funcionarios examinadores deTráfico.
As principais organizacións representativas do sector temen que, co inicio da tempada alta e o aumento considerablemente da demanda dos permisos de conducir, un número importante de xefaturas sufra un colapso nas probas de circulación.
O resultado da última convocatoria da DGT, para cubrir vacantes de examinadores de Tráfico, arroxou un resultado de 24 aspirantes, dos cales 2 confirmaron xa a baixa. Esta cantidade é claramente insuficiente, a DGT cifrou non fai moito en 176 o déficit deste tipo de funcionarios, aínda que a cifra real segundo os asinantes desta petición a data de hoxe está en máis de 300 efectivos, cantidade que se incrementará exponencialmente debido ás xubilacións previstas a curto ymedio prazo.
Dáse a circunstancia agravante de que xefaturas moi deficitarias en examinadores, como a de Guipúzcoa, non aparecen na relación de solicitudes. A de Madrid, conta apenas cun candidato; a de Barcelona, con dúas, etc.
A limitada capacidade actual de formar novos examinadores tamén fai necesario aumentar o número de formadores, xa que se tardaría en exceso enformar a eses 300 efectivos necesarios.