17 de maio: Día Internacional contra a LGTBifobia

Este 17 de maio celebramos un novo Día Internacional contra a lgtbifobia. Un ano máis esta efeméride recórdanos que, desgraciadamente, aínda estamos lonxe de alcanzar un modelo de sociedade na que non se discrimine a ninguén por razóns da súa orientación afectivo-sexual ou pola súa identidade e/ou expresión de xénero.

 As persoas LGTBI seguen sufrindo discriminación, acoso, vexacións e agresións polo mero feito de non encaixar nas regras do heteropatriarcado e a heteronormatividad dominante. E esta situación maniféstase de xeito especial e relevante no ámbito educativo: agresións lgtbifóbicas na rúa, que conviven con actitudes similares nos centros escolares. O 80% do alumnado foi testemuña de insultos por identidade de xénero ou orientación afectivo-sexual; o 13,9%, sofre exclusión homófoba; a maioría do profesorado non sabe como actuar nestes casos porque non se deu resposta ás necesidades formativas das e os profesionais do sector educativo… O resultado disto foi un incremento no fomento da exclusión de quen se apartan dos patróns de xénero e de orientación sexual dunha sociedade aínda demasiado heteronormativa e aínda demasiado intransixente.

A esta situación contribuíu especialmente o Goberno do Partido Popular, quen, a golpe de decreto e despois mediante lei orgánica – a LOMCE-, fixo desaparecer nos últimos anos a xa escasa atención que a lexislación educativa daba á comprensión e respecto das diversas opcións das persoas en canto á súa orientación afectivo-sexual, identidade e/ou expresión de xénero.

Desde a Federación de Ensino de CCOO continuamos esixindo a completa derrogación da LOMCE e dos decretos que a desenvolven en cada etapa educativa. Así mesmo, esiximos a posta en marcha de actuacións formativas específicas nos centros educativos para erradicar neles a lgtbifobia e de estratexias para a adecuada escolarización de menores transexuais. É, por outra banda, imprescindible, que o profesorado estea formado para unha educación igualitaria e respetuosa coa diversidad de opcións identitarias e afectivo-sexuais e para previr e abordar casos de acoso escolar por lgtbifobia.

A educación inclusiva debe dar cabida a toda a ampla gama de aspectos da identidade persoal e das relacións humanas e sociais que nos fan ser persoas iguais pero, á vez, diversas. A primeira tarefa dunha educación inclusiva é a de posibilitar a visibilización da diversidad como característica humana. Que atenda moi especialmente a un elemento fundamental da identidade, recoñecendo a diversidad sexual, as diversas formas de vivir, de sentir e de orientar o desexo, o amor e o afecto cara ás outras persoas, a diversidad familiar e as novas estruturas familiares. Debe romper o imperante binarismo de xénero. Só desde unha adecuada práctica educativa, baseada na coeducación na diversidad, lograremos cimentar unha sociedade mellor para todas as persoas.

Desde a Federación de Ensino de CCOO seguimos denunciando ante os responsables educativos as políticas e accións lgtbifóbicas que se ocultan tras determinadas actuacións de grupos ultraconservadores que contan co silencioso consentimento dos gobernos locais, autonómicos e estatal do Partido Popular. Manifestos e campañas mediáticas que teñen especial incidencia e gravidade por realizarse no espazo educativo, levando unha clara mensaxe de odio baseado na discriminación dos que non comulgan coa súa concepción heteropatriarcal e heteronormativa da sociedade.

A Federación de Ensino de CCOO seguirá alzando a súa voz para denunciar públicamente calquera acción ou iniciativa lgtbifóbica no ámbito educativo, aos seus autores directos e aos responsables gobernamentais que, co seu silencio e inacción, permiten a vulneración dos dereitos das persoas lgtbi.