TÁBOAS SALARIAIS: Ensino Concertado profesorado en pago delegado 2017

 

 

VALORACIÓN DE CCOO

 

 

  • Valoramos positivamente o incremento salarial que a Consellería aprobou para o profesorado en pago delegado para 2017. Despois de anos de sucesivos recortes e conxelacións,  o cambio de tendencia sempre é  ben recibido.

 

  • Pero hai que salientar que os docentes da concerta estamos inda lonxe dos salarios de 2009; e o noso poder adquisitivo  sitúanos a niveis de 2003.

 

  • Entre 2010 e 2016, a  cada docente quitáronlle 14.000€ do seu salario;  ademais  perdeu 4.500€  por non aplicarse o incremento dos 45€; hai máis de 700 docentes que non cobraron os 10.000€ da Paga de Antigüidade,  os coordinadores e xefes de departamento deixaron de percibir  un 3.000€ anuais…

 

  • Polo tanto dámos a benvida ao incremento salarial, ao tempo que lembramos que a administración ten que restituir as cantidades recortadas.