CCOO denuncia que a posible falta de oferta pública de emprego incrementará a precariedade no sector educativo

 

O Goberno do PP desistiu do seu compromiso urxente de aprobar os Orzamentos Xerais do Estado como excusa pola súa incapacidade de pactar uns orzamentos coa oposición. Usan aos opositores como un instrumento de presión para que a oposición se pregue a uns orzamentos non pactados. A Comunidade Autónoma de Galicia, axuda ao goberno nesta sucia maniobra anunciando que non convocará oposicións.

 

CCOO-Ensino condena a utilización que o Goberno central está a facer da oferta de emprego, xerando dúbidas e inseguridade entre as persoas interesadas. Moitas delas están sendo tomadas como reféns dun xogo político que lles afecta persoalmente, por canto, hoxe en día, a preparación dunhas oposicións ten consigo custosas decisións que comprometen a quen opositan e ás súas familias, ás veces durante anos. 

 

CCOO defende ofertas de emprego público numerosas, como mellor maneira de dar estabilidade ao profesorado e ao sistema educativo no seu conxunto. É imprescindible reducir a temporalidade do 13% que existe nos cadros de persoal docentes de Galicia. Esiximos a convocatoria de todas as prazas estruturais existentes no sistema educativo.

Demandamos ao Presidente Feijoo, que ao igual que fan outras Comunidade Autónomas convoque de xeito inmediato as oposicións en Galicia.