CCOO-Ensino denuncia a ditadura de PISA como lobby para cambiar as políticas educativas dos gobernos

O informe PISA 2016 pon de manifesto unha continuidade nos resultados obtidos nos últimos anos. Os resultados das políticas educativas e culturais son instrumentos de moi longo percorrido, con consecuencias pequenas no corto prazo. Por este motivo convén lembrar que os resultados de 2016 non están vinculados coa LOMCE. O alumnado examinado o curso pasado estaba cursando os programas LOE.

Dito esto hai que subliñar que os resultados medios da OCDE baixaron lixeiramente, entre outras causas pola incorporación de máis países, o que sitúa os resultados de España en xeral e os de Galicia en particular, nunha mellor posición respecto á media da OCDE  e o descenso nos resultados de países historicamente con mellores resultados na dita avaliación. CC.OO. ten que denunciar  que as políticas de austeridade no gasto educativo da UE teñen moito que ver que este feito.  

España mellora en lectura, chegando aos 496 puntos e Galicia a 509 (cuarta comunidade) Tamén en Galicia melloramos lixeiramente en competencia matemática con 494 puntos (media de OCDE 492) e en competencia científica só por detrás de Castela e León e Madrid.

En España, as diferenzas territoriais medidas por PISA son menores que noutros países coa educación máis centralizada o que pon de manifesto que a descentralización da educación non repercute en perda de dereitos. Todas as avaliacións sinalan que as diferenzas territoriais están a reducirse dende que as CCAA asumiron as competencias en educación. Esa redución foi freada polo goberno de España ao suprimirse dende o inicio da anterior lexislatura os fondos de cooperación e compensación territorial en educación que danaron especialmente as zonas con menor desenvolvemento de España. 

Para CCOO, o informe PISA é moi cuestionable porque non analiza os sistemas educativos e a cohesión social e só avalía algúns aspectos vinculados ao capital cultural do entorno do alumnado. Así as comunidades máis pobres teñen peores resultados e as diferenzas entre norte e sur son evidentes. Non analiza a asunción de valores nin o desenvolvemento do espírito crítico en niveis obrigatorios nos que son cruciais estes contidos pois marcarán unha boa cidadanía. Isto explica a correlación sistemática dos bos resultados coa orixe sociocultural.

CCOO rexeita a valoración realizada polo MECD pois despois de manifestar durante toda a etapa Wert que o noso sistema educativo era un desastre, agora se argumenta que obtemos uns resultados históricos sen que PISA mostre variacións substanciais.

CCOO rexeita o triunfalismo amosado pola Consellería polos resultados que se refiren a Galicia, dado que se esta a vincular a mellora no ámbito científico matemático a accións no sistema educativo que aínda  non teñen a vixencia para ser avaliadas, ademais denunciamos o sometemento da administración galega aos ditados de PISA ao deseñar a formación do profesorado e as medidas para a mellora do sistema educativo galego en función dos resultados nos ámbitos PISA esquecendo elementos como a atención a diversidade e a eliminación dos elementos descompensadores  na educación.