XUNTANZA COMITÉ INTERVENCIÓN PREVENCIÓN ACOSO LABORAL

O 18 de novembro celebrouse a xuntanza do Comité de Intervención fronte ó acoso laboral, coa seguinte orde do día 

1º.- DAR CONTA DAS XESTIÓNS REALIZADAS ANTE A CONSELLERÍA DE SANIDADE EN RELACIÓN COA DENUNCIA CI/1/2016/CS: os/as instrutores/as do caso dan conta da xuntanza que mantiveron o pasado venres 11 de novembro ca Subdirección de réxime administrativo e a xefa do Servizo afectado, da C. de Sanidade. Ante a baixa médica do/a denunciante acórdase solicitar informe por escrito ós Servizos Xurídicos sobre a capacidade do Comité de Intervención (CI) para seguir adiante coas actuacións derivadas deste expediente, e paralizar o mesmo namentres non teñamos dita resposta. 

3º.- DAR CONTA DOS AVANCES NA INVESTIGACIÓN DA DENUNCIA CI/8/16/PS: dáse conta da xuntanza mantida co Comité de empresa da C. Política Social de Ourense. Recíbese escrito de dous traballadores/as que solicitan ampliar a súa declaración. Acórdase solicitar información por escrito sobre qué aspectos novos queren ampliar a súa declaración, de cara a evitar reiteracións. 

4º.-INFORMACIÓNSOBREAINVESTIGACIÓNDADENUNCIACI/9/16/PS: respecto a esta denuncia, dáse a circunstancia de que a/o denunciante xa non é traballador/a da Xunta de Galicia, polo que non se cumpre o primeiro requisito para a activación do Protocolo. Acórdase solicitar á Consellería de Política Social a certificación desta circunstancia, e de selo caso, procederíase ó arquivo da denuncia. 

5º.- PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO: acórdase por unanimidade a proposta de modificación do regulamento para que en atención as circunstancias de cada caso, o CI poida designar unha terceira persoa, membro do comité, para que colabore no procedemento de investigación. 

6º.- ROGOS E PREGUNTAS: Establécese a xuntanza periódica e ordinaria do CI, para o primeiro venres de cada mes ás 10:30, polo que quedamos emprazados para o vindeiro venres 2 de decembro. Esta xuntanza periódica ordinaria é independente das xuntanzas extraordinarias que teñan que convocarse pola chegada de novas denuncias.