INICIO CURSO ESCOLAR 2016-2017

 

 

DESCARGA O INFÓRMATE

 

O PP e Cidadáns asinaron “Os 150 compromisos para mellorar España”. O documento enmarcase no compromiso coa estabilidade orzamentaria e o cumprimento do Pacto de Estabilidade e Crecemento da Unión Europea. Contempla 11 medidas no sector educativo. O compromiso con Europa obriga a reducir o gasto educativo ao 3,7% do PIB en 2018 (-4.000 millóns de euros). En 2009 o gasto educativo era o 5% do PIB.

Algunhas das medidas educativas contempladas no acordo (gratuidade libros de texto, incremento prazas 0-3 anos …)   suporían un incremento do actual gasto en educación de 700 millóns de euros en 2017. Isto choca co Plan de Estabilidade 2014-2017.  Podemos afirmar que o pacto PP- C`s é un engano á opinión pública. 

O Pacto PP-C,s contempla ademais outras cuestións:

  • Un Plan Nacional pola Educación que permita un acordo en 6 meses participado por todos os grupos políticos e sociais e que mentres “se conxelará o calendario de implementación da LOMCE en todos aqueles aspectos que non entraran en vigor”. Obvian que despois de aprobar o RD 310/2016 de reválidas de ESO e Bacharelato o 29 de xullo xa non queda nada por implantar da LOMCE.
  • Aprobar o Estatuto da Función Pública Docente baseándose no libro branco de Marina o que bota por terra o compromiso que o PP ten coas OOSS de negociar un Estatuto Docente partindo do negociado en 2011  ademais de invadir competencias de negociación colectiva.
  • Aposta pola privatización do ensino aplicando o criterio da demanda social na planificación educativa.

Dende a Federación de Ensino de CCOO de Galicia criticamos a incapacidade da oposición política, tanto ao PSOE como a Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, por non ter chegado a un acordo para nomear un presidente do Congreso que non fora do PP así como crear e presidir unha comisión parlamentaria de educación. Esta situación permitiría tramitar PNL como prioritarias ainda con un goberno en funcións, cuestión imposible cos actuais órganos parlamentarios.

En Galicia o curso comeza un ano mais coa perda de postos de traballo estruturais. O "Boletín estatístico do persoal ao servizo das Administracións Públicas" do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, amosa que só en docentes de pública non universitaria perdéronse entre 2009 e 2016, 1.200 postos de traballo de carácter estrutural; e máis de 1.300 postos estables de funcionarios foron  substituídos por postos interinos. En colectivos de traballadores das Universidades e persoal laboral a redución é porcentualmente semellante.  

Na Educación Primaria continúanse a pechar unidades. En total pérdense 30 unidades de infantil e 37 de primaria, o que supón unha perda de profesorado de carácter estrutural de 78 docentes. Tamén se  perden prazas de orientación. Debemos lembrar que a atención á diversidade é un dos aspectos mais afectados polas políticas de recortes.

Na adxudicación de destinos de primaria a porcentaxe de vacantes ofertadas a profesorado interino incrementase en tres puntos con respecto á adxudicación do curso pasado. Incrementase tamén a porcentaxe de prazas itinerantes que supoñen un 4% mais que no curso pasado chegando a ser case do 20% da adxudicación e a afinidade tamén aumenta en tres puntos.

Na adxudicación de destinos de secundaria subliñamos o seguinte: Incremento da adxudicación a interinos cun 5% mais sobre o total da adxudicación; incremento en tres puntos da afinidade; aparición de perfís “ad hoc”, duplicidade de materias coa mesma afín e itinerancias polo que denunciamos a inacción da administración nestes casos, e o deterioro da calidade do ensino que provocan este tipo de vacantes.; incremento da mobilidade entre corpos, especialmente no caso do profesorado de música de secundaria que imparte docencia nos conservatorios. 

Unha vez máis a Consellería presenta tarde as instrucións para a implantación no curso 2016-17 dos currículos de ESO e bacharelato, que saíron publicadas no DOG do 1 de agosto. Provocando novamente disfuncións nos centros, que non podían esperar a esta data para organizar o curso. 

A Federación de Ensino de CCOO de Ensino de Galicia denuncia o uso electoralista  que o goberno do PP da Xunta de Galicia fai do pago da parte proporcional da extra de 2012 e do Complemento Específico ou equivalente da extra de xullo de 2013. O último prazo da extra de 2012 estaba comprometido  pagalo coa nómina de setembro e o correspondente ao 2013 estaba acordado pagalo ao longo do ano 2016. As eleccións do 25 de setembro fixo que adiantasen ambos pagos á nómina de agosto. Lembramos que o pago foi gañado nos xulgados que non nos están a regalar nada. En todo caso retrasaron o pago ata a data máis convinte para os seus intereses electorais.