Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres 2016

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia, ante un novo 25 de Novembro, manifestamos o noso máis contundente rexeitamento á insoportable violencia contra as mulleres, unha sanguenta consecuencia da discriminación e da ausencia de prevención, protección e dereitos necesarios para combater o que constitúe unha flagrante violación dos dereitos humanos.

DEMANDAMOS:

• Un Plan integral para a igualdade e contra a violencia de xénero, acordado cos axentes sociais, que ofreza solucións reais e efectivas contra a violencia machista.
• Pór en marcha novas actuacións e medidas para a contratación e fomento do emprego das mulleres vítimas da violencia de xénero.
• Garantir e asegurar a difusión de información sobre o conxunto de recursos, dereitos e prestacións existentes.
• Impulsar campañas de sensibilización e formación no ámbito laboral contra a violencia de xénero.
• Abordar a problemática do alto número de denegacións de ordes de protección que imposibilita a acreditación como vítima e o acceso aos dereitos e prestacións.
• Optimizar a coordinación institucional e a cooperación xudicial e policial entre todas as administracións públicas e os distintos profesionais implicados.
• Implantar unha educación baseada en valores de igualdade entre mulleres e homes, coa implicación de todas as administracións educativas, profesionais e familias.
• Desenvolver unha atención sanitaria integral, mediante o establecemento de equipos multidisciplinares que teñan como obxectivo a asistencia e prevención da violencia contra as mulleres.
• Garantir unha carteira básica de servizos e prestacións sociais para a asistencia integral de mulleres vítimas da violencia de xénero.