CCOO non asina as táboas salariais de 2023 da concertada
Nova relacionada: Preacordo sobre as táboas salariais de 2022 e 2023 do convenio de ensino concertado

CCOO non asinará as táboas salariais correspondentes ao ano 2023.
A razón é que non se inclúe a subida do 2,5% aos salarios do persoal docente en pago delegado, o que exclúe a máis do 80% das plantillas dos centros.
A sinatura das táboas tamén significa a absorción de trienios para máis traballadores e traballadoras do PAS, afectando ás persoas con retribucións máis baixas, por debaixo do SMI.
CCOO xa asinara un acordo no ámbito da función pública para o incremento adicional do 1,5% en 2022, que agora se estende á ensinanza concertada.
A sinatura das táboas salariais nestas condicións non favorece á maioría dos traballadores e traballadoras do sector.
CCOO emprenderá accións para tentar reverter a situación e non normalizala.