CCOO Ensino reafírmase como primeira forza nas eleccións sindicais do Sistema Universitario de Galicia

Infórmate dos resultados provisionais detallados

A falta de coñecerse os resultados definitivos, CCOO Ensino mellora resultados nas eleccións sindicais das tres universidades galegas.

Aumentamos o número de delegadas e delegados no conxunto de PDI e PAS, renovando unha vez máis a nosa posición como forza sindical con máis representatividade no conxunto do Sistema Universitario de Galicia.

Queremos agradecer a todas as traballadoras e traballadores (docentes e non docentes) das universidades galegas o apoio recibido polas candidaturas presentadas por CCOO Ensino.