Publicado no DOG o texto refundido do Acordo de acceso ás listas de interinidade

‌ Texto refundido do Acordo de interinos/as (DOG)

O Acordo de Interinos/as foi asinado en 1995 por todas as organización sindicais da Mesa Sectorial agás a CIG, e foi modificado en varias ocasións. A modificación actual, que dá lugar ao novo texto refundido, vén motivada pola adaptación ao novo marco lexislativo laboral (Real decreto lei 32/2021), á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e aos cambios introducidos pola nova lei de FP.

O asinamento da última addenda, que da lugar ao texto refundido, prodúcese por consenso das organizacións sindicais asinantes e lógrase o obxectivo principal: o mantemento das listas estables de forma indefinida, tal e como viña defendendo CCOO dende o principio.

Mentres outras posicións sindicais afirmaban que a Consellería presentaba unha proposta de addenda que ían aprobar sen cambios, CCOO fixo achegas que finalmente melloraron o texto presentado pola Consellería. Este acordo demostra a necesidade de negociar para conseguir melloras para os colectivos que representamos.

‌ Relacionado