Toda a información da Comisión de persoal ordinaria do 9 de maio de 2023 (PSEC)

‌ infórmaTE

Na reunión da Comisión de Persoal Ordinaria do 9 de maio de 2023 tratáronse varios puntos importantes.

Dende CCOO votamos a favor da proposta de lei de igualdade e da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade debido á necesidade de reforzar o servizo público. Sen embargo, votamos en contra da proposta de modificación da RPT da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pola amortización de prazas, polos postos de libre designación e pola apertura a persoal docente.

Tamén se preguntou sobre a promoción interna, a carreira profesional e a compensación polo traballo en domingos e festivos.