Preacordo sobre as táboas salariais de 2022 e 2023 do convenio de ensino concertado

Esta mañá, día 4 de maio, reuniuse a Mesa Negociadora do VII Convenio de Ensino Concertado para valorar a última proposta presentada pola patronal. Nesa reunión, FSIE, USO, UGT e patronais firmaron o preacordo que achegamos para a vosa lectura.

O vindeiro 10 de maio terá lugar o asinamento definitivo do acordo. CCOO tomou a decisión de trasladar a información aos seus órganos internos para ter a oportunidade de avaliar os seus termos e tomar unha decisión definitiva ao respecto.

 infórmaTE

Publicado o 04 de maio de 2023

Na reunión da Mesa Negociadora celebrada o 4 de maio de 2023, as organizacións patronais xunto con FSIE, USO e UGT chegaron a un preacordo sobre as táboas salariais dos anos 2022 e 2023 para unha parte dos traballadores e traballadoras do sector. Non se incluirá o incremento do 2,5% para o persoal en pagamento delegado, tal como estaba estabelecido no convenio colectivo. Ademais, acordouse prolongar o complemento para categorías con salarios inferiores ao SMI até o 31 de decembro de 2023. O preacordo será assinado definitivamente o día 10 de maio.