Fondo de Acción Social: axudas de carácter social

Publicado hoxe no DOG a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2022, relativa á axuda para a atención de persoas con discapacidade. 

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm.

 
Prazo: presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (do 2 ao 15 de maio, ambos incluidos)
Presentación: No rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade Dirección Xeral da Función Pública. No obxecto do asunto indicarase: Convocatoria do fondo de acción social do ano 2022.

Documentación a achegar: copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

Toda a información: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm

https://www.xunta.gal/funcion-publica/fondo-de-accion-social