Toda a información da mesa sectorial do 14 de marzo de 2023

Intervención en Mesa Sectorial do 14 de marzo de 2023

1. PIALE 2023

  • Denunciamos que a Orde deste ano non mellora a oferta de prazas do ano anterior. De feito, mantense o mesmo orzamento a pesar do incremento dos prezos, polo que o investimento é menor. 
  • Solicitamos a extensión de prazas a idioma italiano, xa que se está a impartir como materia optativa en diferentes IES. REXEITADO. RECOÑECEN QUE PODERÍA TER SENTIDO EN EOI. 
  • Denunciamos que existe unha descompensación evidente dependendo do idioma, xa que a maior porcentaxe das prazas corresponden ao idioma inglés. Entendemos que hai que facer o esforzo noutros idiomas.
  • Solicitamos que se abra a posibilidade de optar con B1 no caso de quedar prazas disponibles. REXEITADO. ARGUMENTAN QUE SON ESTADÍAS CURTAS E QUE HAI QUE TER UNHA COMPETENCIA LINGÜISTICA PREVIA. 
  • Solicitamos que se inclúa na actividade 5. Integración para profesorado de inglés en EOI tamén ao profesorado do corpo de ensino secundario que imparta docencia en EOI. VANO ESTUDAR. 
  • Consideramos que deberían ser 3 anos e non 5 as convocatorias nas que non poderá participar o profesorado que renuncie sen causa xustificada ou teñan avaliación negativa. 
  • Esiximos que se permita a participación do profesorado interino. NON RESPONDEN.
  • Solicitamos que a comisión avaliadora debe estar conformada por especialistas con competencia lingüística. 
  • Demandamos que de non cubrirse a totalidade das prazas nalgunha das modalidades, as vacantes deberían acumularse a outras modalidades seguindo uns criterios obxectivos que deberían recollerse nesta orde. ADMITIDO. VANO ESTUDAR. 
  • Esiximos que se inclúan modelos de propostas didácticas tal e como establece a orde. ADMITIDO.  FACILITARÁNSE CON CARÁCTER PREVIO Á FORMACIÓN.
  • Solicitamos que non se inclúa na temporalización das actividades a posibilidade de realizarlas no mes de agosto, xa que é o noso mes de vacacións. REXEITADO.


2. Proxectos de orde da ordenación de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato

  • Solicitamos que se recolla unívocamente o límite máximo de 25 horas lectivas para infantil e primaria, xa que a orde recolle a posibilidade de ampliar o horario lectivo, cuestión coa que non estamos de acordo. 
  • Esiximos no artigo 3 do documento de infantil retirar a frase “de ser o caso” o alumnado que non opte por relixión terá garantizada a atención educativa, xa que todo o alumnado ten que ter garantida a atención educativa os 25 períodos. En todo caso é o alumnado de relixión  que opta por decisión dos proxenitores de non recibir a mesma atención educativa que o resto do alumnado. REVISARANO.
  • Tamén en infantil, rexeitamos que se estableza a voluntariedade do chamado “periodo de adaptación” por parte dos nais/pais. Se partimos de que a incorporación gradual ao centro para o alumnado de tres anos é unha medida adoptada en beneficio do alumnado non pode quedar esta condicionada á decisión das familias. Desta forma a Consellería entende este período como meramente asistencial e non como educativo. Esiximos por tanto a retirada da voluntariedade e que se recolla unha incorporación gradual que pode variar en función da autonomía e circunstancias de cada centro. REVISARANO.
  • Tamén en infantil, solicitamos que se garanta que o alumnado do segundo ciclo de EI poida ser atendido por mestres especialistas, e non que tal atención quede supeditado a que os recursos do centro o permitan, xa que os cadros de persoal que están no acordo asinado por case todas as organizacións sindicais contemplan os recursos necesarios para que impartan a súa especialidade nestas ensinanzas, sendo chamativo, que no caso de relixión se garanta e nas outras especialidades non. REXEITADO.
  • Apoiamos todos os plans educativos contemplados no artigo 12 do documento de infantil e análogos das outras etapas, pero para cumprilo son necesarios recursos. É imprescindible volver ao horario de 21 horas lectivas no corpo de mestres con horario para dinamizacións que fan viable o desenvolvemento destes plans. E recuperar as 18 horas lectivas na ESO e Bacharelato. En caso contrario figuran no papel pero na realidade nalgúns centros faise imposible cumprilo e noutros cumprirase con moitas dificultades. 
  • A mesma opinión que no parágrafo anterior expresamos con respecto á moi loable idea de facer exercicio físico e deporte diariamente en xornada escolar, pero falta detallar como se vai a levar a cabo.
  • Solicitamos a incorporacion de rateos máximas en grupos mixtos como xa se incluía en anteriores ordes, como a de infantil de 2009. En todo caso, esiximos establecer na norma o número máximo do alumnado en grupos mixtos que recollía o acordo de agrupamentos asinado por CCOO e outras organizacións sindicais en 2009, que reducía a 14, 12 ou 10 o número máximo de alumnos/as por aula, en función do tipo de alumnado involucrado. REXEITADO.
  • Esiximos a retirada do informe mensual que se recolle, cargando de máis burocracia ao profesorado. REXEITADO. NO REFERENTE Á CARGA BUROCRÁTICA, A ADMINISTRACIÓN ARGUMENTA QUE O ENSINO-APRENDIZAXE É UN PROCESO ADMINISTRATIVO MÁIS QUE REQUIRE EVIDENCIAS.
  • En ESO e Bacharelato, non compartimos que os centros establezan itinerarios pechados orientados aos diversos campos das ensinanzas superiores (en BACH)  ou ás diferentes modalidades de bacharelato (ESO), xa que con esta fórmula os centros definirán os itinerarios que mellor se adapten á organización horaria e a Consellería aforrará recursos impedindo ao alumnado elixir as materias que realmente considera necesarias para a súa futura formación. REXEITADO.
  • No artigo 4 do currículo de Bacharelato tamén rexeitamos que non se permita unha lingua estranxeira como optativa co mínimo de 5 alumnos/as vinculando a súa auorización a se a organización e recursos do centro o permite.
  • En canto ao currículo de Bacharelato, facemos a proposta de cambiar de curso a optativa de Literatura galega do S.XX, pois está relacionada co temario do segundo curso; non só da materia de Lingua, senón tamén do resto das materias que se rexen por unha estrutura cronolóxica, polo tanto, quedarían mellor integrados os contidos e permitiría ao alumnado a interconexión dos diferentes ámbitos do saber. Que apareza en primeiro supón que debe competir no rango das optativas coa de Literatura universal, empobrecendo así (unha vez máis) a oferta para o alumnado de Letras (que pode verse na situación de ter que desbotar unha ou a outra). ARGUMENTAN QUE ERA POR UNHA CUESTIÓN DE EQUILIBRIO ENTRE CIENCIAS E LETRAS, PERO A REALIDADE É QUE EXISTE UNHA COMPETENCIA DE MATERIAS.
  • Demandamos incluír nos títulos a referencia á Avaliación. REVISARANO.
  • Na orde correspondente á ESO, no artigo 5 de agrupación de materias en ámbitos consideramos que o idioma estranxeiro debe ser impartido sempre por profesorado especialista. Consideramos o mesmo nos PDC (artigo 10). 
  • Por último volvemos a insistir en que a Consellería non está a cumprir a normativa básica na promoción xa que introduce elementos que a restrinxen, ata o punto de que CCOO presentou recurso xudicial denunciado ante os tribunais esta cuestión. REXEITADO.

3. ANTEPROXECTO DO DECRETO POLO QUE SE MODIFICA O DECRETO 157/2002, DO 15 DE SETEMBRO, POLO QUE SE ESTABLECEN A ORDENACIÓN E O CURRÍCULO DO BACHARELATO ROGOS E PREGUNTAS E O ANTEPROXECTO DO DECRETO POLO QUE SE MODIFICA O DECRETO 156/2022, DO 15 DE SETEMBRO, POLO QUE SE ESTABLECEN A ORDENACIÓN E O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. 

  • Manifestamos o noso acordo con que se faga esta modificación, aínda que non vén a solucionar o tema da optatividade, tal e como manifestou CCOO.
  • Reiteramos o sinalado na mesa sectorial onde se abordou o Decreto sobre determinadas materias relacionadas coa Música, Economía e Artes. 

4. ROGOS E PREGUNTAS. 

  • Solicitamos explicacións sobre a acreditación da competencia dixital e como se procedeu enviando un email aos docentes.  Hai un gran descoñecemento e non se sabe como se pode acreditar nin que requisitos son necesarios. Debería pasar por mesa a documentación sobre este tema en forma de borrador de Orde ou como consideredes. En Madrid, por exemplo hai unha Orde. RECOÑECEN QUE QUEDA MOITO POR FACER NO RELATIVO AOS EXPEDIENTES PERSOAIS, HAI DETERMINADOS PERFÍS QUE NON ESTÁN CARGADOS.
  • Relacionado coas rateos en grupos mixtos que xa comentamos, esiximos o cumplimento do acordo de agrupamentos asinado por CCOO en 2009 que recollía un número maximo de alumnos/as por aula de 14, 12 ou 10 en función do tipo de alumnado involucrado.
  • Demandamos un debate serio no que se aborde a reducción de rateos en todas as etapas ante o descenso demográfico como xa se ten feito en outras comunidades autónomas.
  • Demandamos información sobre cando se van publicar as licenzas por formación, tanto as pendentes que foron a mesa en xullo do ano pasado, como as correspondentes ao curso que vén.
  • Solicitamos unha verdadeira negociación previa a Orde do calendario escolar para establecer uns trimestres equilibrados e non determinados por festividades relixiosas. REXEITADO. ARGUMENTAN QUE XA EXISTE LIBERDADE NOS CENTROS PARA ORGANIZAR OS TRIMESTRES PERO TRAERÁN O DOCUMENTO CON ANTELACIÓN SUFICIENTE.
  • Esiximos unha revisión á alza das retribucións por cargos, coordinacións e dinamizacións e extensión de complementos retributivos a coordinacións que non se pagan a día de hoxe.

O RESTO DE CUESTIÓNS TRASLADARANAS ÁS DIRECCIÓNS XERAIS CORRESPONDENTES.

Deixa un comentario