Publicada a listaxe de admitidos/as e excluídos/as da integración no corpo de Secundaria do PTFP

Hoxe, mércores 8 de marzo de 2023, acaba de anunciarse a resolución coa listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da integración do corpo de PTFP ao corpo de PES.

Tal e como se anunciaba no seu momento, CCOO recorreu tanto o Real decreto 800/2022, do 4 de outubro, como a Orde do 28 de outubro de 2022. Hoxe pódese comprobar que estas accións non paralizaron nin puxeron en perigo a integración do profesorado funcionario de carreira, como algúns daban a entender interesadamente.

A nosa intención é dar cobertura legal ás reclamacións dos colectivos que non quedan integrados e ás dos colectivos que, aínda quedando integrados, non se lles recoñece a retroactividade dende a data efectiva da integración (19 de xaneiro de 2021). Os colectivos do primeiro grupo son o profesorado interino e o profesorado en prácticas, ambos con titulación universitaria. No segundo grupo atópanse os que son na actualidade funcionarios de carreira, pero estaban na primeira situación despois do 19 de xaneiro de 2021.

Animamos as persoas excluídas a que presentedes reclamación. O prazo é do 9 ao 22 de marzo, ambos incluídos. Para iniciar o proceso, podédesvos poñer en contacto con CCOO.

 

 Persoas admitidas (emendado)

 Persoas excluídas

 Persoas en servizo activo a 19/01/21 nomeadas PES entre o 19/01/21 e o 10/11/22

 Persoas en servizo activo a 19/01/21 e xubiladas con data anterior ao 10/11/22

 Resolución

 Na web da Consellería

 Relación provisional de persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional en situación de servizo activo dende o 19/01/21 e con anterioridade ao 10/11/22 e nomeado funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario con anterioridade ao 19/01/21. (Actualizado 08/03/2023 ás 21:33)