Orde do día da Mesa Sectorial do 7 de marzo de 2023
ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN
Na Mesa Sectorial do día 7 de marzo non se tratarán os Proxectos de orde do punto 4 da orde do día. A previsión é que eses temas se traten nunha Mesa o día 14 de marzo.
Envía as túas achegas para esta mesa a ensino@galicia.ccoo.es

Engádese o seguinte asunto no punto cuarto da orde do día:
A orde do día completa queda do seguinte xeito:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 15 de decembro de 2022.
- Proxecto de ADDENDA ao Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, adaptado a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
- Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2023.
- Proxectos de orde (catro) polas que se desenvolven os seguintes Decretos:
- 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil.
- 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria.
- 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria.
- 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato.
- Rogos e preguntas.
Envía as túas achegas para esta mesa a ensino@galicia.ccoo.es