Acordos de CCOO co Goberno con repercusión na Concertada
Estes son os acordos de CCOO co Goberno que teñen repercusión no Ensino Concertado.

ENSINO CONCERTADO - PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)
Acordos de CCOO co Goberno con repercusión na Concertada:
- Salario Mínimo Interprofesional (SMI)
- Subimos un 8 % en 2023, co que se sitúa en 1080 € mensuais, con catorce pagas
- Ten carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro.
- Incrementos retributivos na Función Pública
- 3,5 % en 2022.
- 2,5 % en 2023, revisable en setembro deste ano en función da inflación acumulada ata o momento.
Estes aumentos son os que se trasladan ao Ensino Concertado.
Propostas retributivas de CCOO para o PAS:
Nas próximas mesas negociadoras defenderemos:
- Incremento adicional do 1,5 % en 2022 sobre todos os conceptos retributivos. Cómpre recordar que xa se firmou un 2 %.
- Salarios base en 2023 non inferiores ao SMI, para evitar a absorción dos trienios.
- Incremento mínimo de 2,5 % en 2023 para as categorías que están por riba dos 1080 € mensuais.
- Revisión á alza das táboas salariais en setembro de 2023.
CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS