Publicadas en BOE as táboas salariais asinadas o pasado 14 de decembro (Convenio de Discapacidade)

XVI CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este 16 de febreiro publicáronse no Boletín Oficial do Estado (BOE) as táboas salariais que se asinaron o pasado 14 de decembro.

Por unha banda, están as retribucións do período 2022-2024 para os centros especiais de emprego e para os centros asistenciais. Pola outra, as retribucións de 2022 para a parte educativa do Convenio Colectivo.

En tódolos casos, as táboas salariais teñen vixencia dende o 1 de xaneiro de 2022, polo que as entidades están obrigadas a aboar os atrasos xerados ata o momento:

  • No caso dos colexios de educación especial, os atrasos xerados dende o 1 de xaneiro de 2022 serán aboados polas empresas, dentro dun prazo de dous meses despois da publicación en BOE. É dicir, ata o 16 de abril.
  • No caso dos centros especiais de emprego e centros de atención especializada, os atrasos xerados dende o 1 de xaneiro de 2022 serán aboados polas empresas do sector, dentro dun prazo que remata o 30 de xuño de 2023.

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS