Curso en liña: A acción educativa de España no exterior (14 horas)

POÑENTES

PEDRO PABLO REY RODIL 

  • Ex-Asesor Técnico do Instituto Asturiano de Administración Pública. Ex-Profesor Visitante en California.
  • Ex-Asesor Técnico Docente da Consejería de Educación da Embaixada de España en Washington DC, EE. UU.
  • Ex-Asesor Técnico Docente da Consejería de Educación do Principado de Asturias. 

DAVID LÓPEZ GONZÁLEZ 

  • Asistente Técnico de Programas no Exterior do Ministerio de Educación y Formación Profesional 

MELISSA VALDÉS VÁZQUEZ 

  • Asesora Técnico Docente Centro de Profesorado y Recursos Gijón-Oriente Asturias 
  • Ex-Asesora Técnico Docente en Alberta, Canadá e Wellington, Nueva Zelanda  

ÁNGELA QUIRÓS COLUBI 

  • Ex-Profesora Visitante en Washington DC. Ex-Profesora de ELE na Escuela Europea de Bruselas 

ROSA MARTÍNEZ FEITO 

  • Ex-Profesora no Instituto Español Vicente Cañada Blanch, ALCE e Profesora Visitante en Londres  
  • Profesora no Colexio español Federico García Lorca en París

OBXECTIVOS

  • Proporcionar información suficiente sobre os diferentes programas da acción educativa española no exterior.
  • Coñecer os termos, as bases e fases das distintas convocatorias.
  • Identificar as habilidades sociais, lingüísticas e competencias necesarias para superar o proceso de selección e as fases específicas e xenerais de cada programa.
  • Coñecer diferentes experiencias de docentes e técnicos nos programas do exterior. 

CONTIDOS

  • A acción educativa do  MEyFP no exterior.
  • Termos, bases e fases das convocatorias.
  • As diferentes probas e como actuar nas entrevistas.
  • Experiencias desenvoltas en distintos destinos de docentes e técnicos que exercen no exterior.

PROGRAMA DO CURSO

SÁBADO, 11 DE MARZO:

09:00 a 09:30.- Información e presentación do curso. Indicacións para o traballo a distancia.  

09:30 a 11:45.- Os programas da AAEE e as súas características. Os programas de mobilidade de profesorado: Programa de Profesores Visitantes. Auxiliares de Conversación. Seccións Bilingües. International Spanish Academies (ISAs). Formación do profesorado estranxeiro de español que exerce no exterior.  (David López González) 

11:45 a 12:15.– Pausa e resolución de dubidas.  

12:15 a 15:00.- Convocatorias, o exame de lexislación e o suposto práctico para docentes e asesores da parte específica: – Consellos e pautas xerais – Orientacións para o suposto práctico . (Melissa Valdés Vázquez) 
 
SÁBADO, 18 DE MARZO: 

09:00 a 11:15.- O concurso de docentes e a experiencia nunha escola europea e como profesora visitante.  (Ángela Quirós Colubi) 

11:15 a 11:30.– Pausa e resolución de dubidas.  

11:30 a 13:30.- O concurso de docentes , suposto práctico e a experiencia nun centro español no exterior , no ALCE e como profesora visitante. (Rosa Martínez Feito) 

13:30 a 15:00.- A experiencia e funcións do asesor técnico no exterior. Recursos para a formación nos programas da AEEE: CCOO, MEFP, Consellerías de educación no exterior . (Pedro P. Rey Rodil)