Subimos o Salario Mínimo Interprofesional

CCOO alcanza un acordo co Ministerio de Traballo para subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ata os 1080 € en catorce pagas, un aumento do 8 %. En caso de que se abone en doce pagas, representará 1260 € mensuais.

A suba do SMI de 2023 ten carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro, polo que as persoas afectadas pola medida deberán cobrar os atrasos derivados da mensualidade de xaneiro.

Nos últimos cinco anos, o SMI incrementouse un 47 %, o que supón un total de 344 € de suba, o que representa un espaldarazo á protección das rentas máis baixas. Dende CCOO consideramos sumamente importante que este último incremento estea por encima da inflación de 2022, xa que permitirá a recuperación de poder adquisitivo.

Así mesmo, quen estea a percibir retribucións por baixo dos 1080 € verase beneficiado/a pola medida de xeito automático, porque a súa regulación salarial pasará a rexerse polo novo SMI.

Dende a Federación de Ensino de CCOO imos trasladar, a todos os espazos de negociación colectiva, propostas dirixidas a que as persoas traballadoras poidan percibir unhas retribucións non inferiores ao SMI, sen computar os complementos salariais recollidos nos convenios colectivos, coma o de antigüidade ou o de formación, entre outros.


CCOO TEN O PODER DE CAMBIAR AS COUSAS

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS