Mesa sectorial 15 de decembro

INTERVENCIÓN MESA SECTORIAL 15 DE DECEMBRO

 

  1. Addenda acordo de interinos.

Desde CCOO imos avalar a addenda porque entendemos que, por responsabilidade, nunha convocatoria excepcional, cun número tan baixo de prazas, a convocatoria tería un mero carácter recaudatorio, dado que na maioría de especialidades que se convocan, as expectativas de prestar servizos como persoal interino e substituto son moi reducidas. 

Esta modificación non podería ser posible sen o aval dos sindicatos asinantes do Acordo. Aqueles que non asinan o acordo, poden opinar pero non participan da decisión. 

 

  1. Orde pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario

 

  • Insistimos en que se debe incluír o profesorado interino como colectivo a integrar no corpo de PES toda vez que estas especialidades pasan a formar parte de tal corpo, o contrario vulnera a directa europea. De igual modo, debe incluír ao profesorado en prácticas durante o curso 2021/22.  REXEITADO. A Consellería argumenta que o RD non o permite. 

  • Demandamos que ao profesorado xubilado con posterioridade do 19 de xaneiro de 2019,  se lle retribúa as cuantías correspondentes a PES con carácter retroactivo.  REXEITADO. A Consellería argumenta que o RD non o permite. 

  • Demandamos que se posibilite que aqueles docentes nas situacións non contempladas poidan participar no proceso de integración, por exemplo, en caso de  excedencia por interese particular que reingresen no corpo de PES. REXEITADO. A Consellería argumenta que o RD non o permite. 

  • Solicitamos que tanto o profesorado técnico de FP a extinguir como o profesorado do corpo de sectores singulares da FP cobren un complemento económico igualador co profesorado integrado no corpo de PES. A administración é coincidente nesta opinión pero non concreta se estará en posibilidades de facelo. 

 

  1. Modificación Orde Calendario escolar

 

  • Denunciamos as formas da DX incluíndo unha proposta de cambio na Orde de calendario escolar sen texto escrito pero tendo noticia do contido do cambio por un xornal. A ADMINISTRACIÓN ARGUMENTA QUE CONSIDERABA QUE A MODIFICACIÓN EN SI NON A CONSIDERABA TAN RELEVANTE PARA ENTREGÁRNOLA PREVIAMENTE PERO QUE SERÁ ENVIADA PARA QUE FAGAMOS A VALORACIÓN PERTINENTE. 

  • A Consellería trae á mesa cales serían as modificacións pero seguen sen darnos o texto escrito. Entre as modificacións estarían eliminar a referencia á sesión de avaliación de 3ª avalación para o alumnado de educación secundaria obrigatoria antes do 5 de xuño; avaliacións serían a partir do 22 de xuño; a posiblidade de incluír que a terceira sesión de avaliación poda ser coincidente coa sesión final ou eliminar artigo 7 e 8 que recolle o informe de avaliación individualizado para os que tivesen materias pendentes da 3ª avaliación. 

  • Non damos por negociada a proposta porque non temos o texto con carácter previo a esta reunión. 

 

  1. Rogos e preguntas 

  • Solicitamos o mantemento do sistema de listas consolidadas e a actualización do acordo de acceso a listas de interinidades para adaptalo á nova realidade lexislativa (reforma laboral, educativa, …).

  • Rexeitamos que se parasen o día 9 os chamamentos de substitucións e denunciamos que hai prazas que quedaron sen cubrir. 

  • Demandamos de novo información das licenzas de formación.

NOS INFORMAN QUE VAN FACER MODIFICACIÓNS E VOLVERÁN A TRAELO Á MESA EN XANEIRO AS MODIFICACIÓNS INCLUIRÁN PREVISIBLEMENTE QUE AS LICENZAS SEXAN POR ANO NATURAL. 

  • Preguntamos se agora os docentes van a ter que modificar as súas programacións, acabadas de entregar, para adaptala á modificación da Orde do calendario escolar. RECOÑECEN QUE TERÁ QUE HABER MODIFICACIÓNS DA PXA E DAS PROGRAMACIÓNS PERO ARGUMENTAN QUE NON TERÁ QUE HABER MOITO PROBLEMA PORQUE O PROFESORADO ESTÁ OBRIGADO A FACER UN SEGUEMENTO E ADAPTACIÓN DAS SÚAS PROGRAMACIÓNS. ENVIARÁN UNHAS INSTRUCCIÓNS AOS CENTROS PARAR FACER OS AXUSTES. 

  • Esiximos información sobre a data de publicación concreta en DOG da orde de convocatoria do concurso oposición de estabilización e o inicio do prazo de matrícula da mesma.

A CONSELLERÍA ANUNCIA QUE SE PUBLICARÁ O DÍA 22 O CONCURSO- OPOSICIÓN DE ESTABILIZACIÓN EXTRAORDINARIO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO XUÑO E O PRAZO PARA MATRICULARSE SERÁ DO 10 AO 30 DE XANEIRO. 

  • Esiximos a publicación das listas de mestres derivadas do último proceso selectivo celebrado.

VAN PUBLICAR NOS PRÓXIMOS DÍAS AS LISTAXES  DE VARIAS ESPECIALIDADES DO CORPO DE MESTRES.

  • Solicitamos información sobre a previsión de publicación da listaxe de a amitidos e excluídos do primeiro proceso de integración dos funcionarios de carreira PTFP en PES. RESPONDEN QUE SERÁ EN BREVE PERO NON CONCRETAN DATA. 

  • Preguntamos sobre a previsión de publicación da listaxe de admitidos e excluídos do concurso de méritos extraordinario de estabilización.

NON CONCRETAN DATA APROXIMADA