Recollida masiva de sinaturas esixindo a revisión salarial

CCOO recolle centos de sinaturas esixindo a revisión salarial conforme o artigo 32.1 e a reanudación da negociación do Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade.

Logo das concentracións que tiveron lugar o pasado 14 de setembro, CCOO presenta a recollida masiva de sinaturas no sector de Atención á Discapacidade, un día antes de que a Audiencia Nacional xulgue os dous conflitos colectivos que o sindicato interpuxo en defensa do cumprimento do XV Convenio Colectivo.

A actitude totalmente irresponsable e neglixente das organizacións patronais lévanos a mantermos a tensión no sector.