Novo protocolo para os centros educativos

A CONSELLERÍA ACTUALIZA O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID DOS CENTROS EDUCATIVOS

Na reunión informativa celebrada hoxe entre representantes da Secretaría Xeral Técnico e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos coas principais organizacións sindicais, o Secretario Xeral Técnico presentou o novo documento que constiuirá o novo protocolo de adaptación ao contexto covid nos centros educativos ata final de curso, adaptándose á nova situación epidemiolóxica e ás recomendacións dos ministerios de Sanidade e Educación, cuxas principais novidades son as seguintes:

  • O alumnado de diferentes grupos/aulas de todas as etapas educativas poden interaccionar entre sí en interiores e exteriores, agás no comedor escolar que seguirán organizándose en grupos de convivencia estable.

  • Nos centros específicos de educación especial e nas aulas específicas de educación especial en centros ordinarios o alumnado seguirá organizándose en grupos de convivencia estable.

  • Permítese o acceso das familias tanto a interiores como exteriores do centro educativo, así como, as reunións de titoría individual en espazos interiores.

  • Uso da mascarilla conforme á lexislación vixente, é decir voluntaria en interiores e exteriores do centro educativo, agás no trasnporte escolar que é obrigatoria.

  • Eliminación da obrigatoriedade de limpeza dúas veces ao día dalgúns espazos e superficies.

Será de aplicación dende o luns 23 de maio ata final de curso.