Publicación da resolución provisional do concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos

O persoal concursante poderá presentar reclamación ás resolucións provisionais a través do órgano en que presentaron a súa instancia de participación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Así mesmo, no mesmo prazo, o persoal participante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso entendendo que tal renuncia afecta a todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación.

Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base décimo primeira.

Polo tanto o prazo será desde o día 11 de xuño ata o 24 de xuño, ambos incluídos.

Orde do 25 de novembro de 2020 (DOG)Resolución da Dirección XeralAnexo I – Publicación do baremo provisional do persoal participante neste concurso, primaria e secundariaAnexo II – Publicación da adxudicación provisional de destinos, primaria e secundaria