Manifestación en Santiago de Compostela da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública o sábado 12 de xuño ás 12:00

CCOO Ensino defende que non é necesaria unha universidade privada, xa que a ampla oferta académica do SUG, cunha importante especialización nos diferentes campus, responde perfectamente á demanda existente e onde non chega é simplemente polas limitacións fixadas pola propia Xunta de Galicia.