NEGOCIACIÓN DO IX CONVENIO DE ENSINO E FORMACIÓN NON REGRADA

CONTRATACIÓN

    • Melloras na contratación a tempo parcial, de uso moi estendido no sector:
    • Consolidación de anexos aos dous anos, incrementando automáticamente a xornada ordinaria contratada inicialmente.
    • Cómputo das interrupcións na xornada como tempo efectivo de traballo.
    • Límite do 25% de contratos a tempo parcial nas empresas.
    • Preferencia para ocupar postos a tempo completo cando haxa vacantes.
    • Melloras nos contratos eventuais, de formación, en practicas…

 

CLASIFICACIÓN PROFESIONAL

    • Inclusión do colectivo de profesores/as de Formación Profesional para o Emprego.. 
    • Eliminación dos postos de traballo de profesores auxiliares.
    • Consideración de tempo efectivo de traballo nas horas de mera presenza no centro.
    • Consideración de tempo efectivo de traballo para os desprazamentos entre clases no interior da xornada de traballo.. 

XORNADA

    • Introdúcese unha porcentaxe da xornada de traballo dos docentes para realizar tarefas de carácter non lectivo (20% do total actual).
    • Disminución da xornada para o resto de postos de traballo.. 
    • Acoutanse claramente os límites no uso da xornada irregular.
    • Establécese que os desprazamentos, dentro da xornada de traballo, tendo consideración de tempo efectivo de traballo para todas as categorías.
    • Recóllese e regúlase o novo dereito a adaptar a xornada de traballo por conciliación familiar e laboral e establécese un mecanismo para a súa concreción.
    • Recóllense e melloranse os descansos legais na xornada de traballo e entre xornadas.
    • Recóllese a obrigación de establecer un sistema de rexistro da xornada de traballo.. 

 

VACACIÓNS

    • Establécense as vacacións de verán en días laborais.
    • Melloras en vacacións de Nadal e Semana Santa.

 

PERMISOS

    • Mellora xeral na maioría dos permisos.
    • Engádense novos permisos para asistir a consultas médicas, exames oficiais, coidado de fillos/as menores de 14 anos, formación…
    • Equiparanse as parellas de feito aos matrimonios en todos os supostos.
    • Establécese o goce en días laborables de todos os permisos.
    • Recóllense as novas regulacións para todos os dereitos de redución da xornada.
    • Establécese un complemento por Incapacidade Temporal que non existía ata agora.

 

SUSPENSIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO

    • Adaptación as novas regulacións: nacemento de fillo/a para ambos proxenitores, adopción, garda con fins de adopción e acollemento, discapacidade de fillo/ao nacer, risco durante o embarazo ou a lactancia e abandono do posto de traballo por violencia de xénero…

 

OUTROS

    • Mellora da regulación de ceses no traballo.
    • Recóllese a nova regulación do traballo a distancia (RDL 28/2020, de 22 de setembro), incluíndo o dereito  a desconexión dixital e a igualdade xeral de dereitos con respecto os/as traballadores/as que traballen  presencialmente.
    • Nova regulación que recolle as infraccións dos empresarios.
    • Novo artigo para regular a igualdade de oportunidades e previr as situacións de acoso no traballo.
    • Recóllese a nova regulación en materia de plans de igualdade.. 

 

SALARIOS

    • Novo complemento salarial para compensar porcentaxes de xornada inferiores ao 51%.
    • Establécese un novo complemento de módulo práctico para os docentes de Formación Profesional para o Emprego…
    • Adaptación ao Salario Mínimo Interprofesional de 2020.. 
    • Revisións salariales que permitan incrementar o poder adquisitivo.