Procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións

 PREME PARA ACCEDER Á RESOLUCIÓN E A EXPLICACIÓN DE CÓMO FACER A SOLICITUDE:

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se habilita o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED003A).

Onde se fai a solicitude?Na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365
Cando se fai a solicitude de inclusión na lista na que me quero anotar?Unha vez se publique no portal de EDU XUNTA, teremos 5 días hábiles.
Que documentación debo presentar á hora de realizar a solicitude? Solicitude (procedemento ED003A)
 Certificación académica con nota media
 Mestres/as con Grao de Primaria con mención noutra universidade diferente: certificación desa mención.
 Para todos e todas agás corpo de mestres: Título de especialización didáctica (mestrado) ou equivalente coa excepción de quen teña unha experiencia docente de 2 cursos completos ou 12 meses previa ao 01/10/2009 (ou nalgunhas especialidade concretas de FP do 01/09/2014). LEBRAMOS QUE: cando non sexa posible nomear candidatos que estean en posesión do dito máster O Real decreto lei 31/2020, do 29 de setembro establece a exención temporal do requisito da formación pedagóxica e didáctica de posgrao, ou equivalente, para o nomeamento de persoal funcionario
 Documentación que acredite exención ou bonificación de taxas
 Taxas administrativas pola tramitación da solicitude