Xuntanza do Comité Intercentros do 23 de setembro

O día 23 de setembro de 2020 celebrouse  un Pleno extraordinario  do Comité  Intercentros  no que se trataron os seguintes puntos na orde do día:

Procesos de funcionarización: 

Ante a inminente celebración dos procesos de funcionarización da OPE 2018 os días 3 e 4 de outubro CCOO propón:

  • Que se nos debe facilitar un cronograma que recolla as datas previsibles dos procesos selectivos convocados.
  • Que se deben seguir as recomendacións e instrucións do Comité Clínico da Consellería de Sanidade, que é o órgano técnico encargado de tomar as decisións en materia de saúde pública.
  • Este informe debe ser previo á celebración de calquera proceso selectivo.
  • Para a realización dos procesos é necesario adoptar tódalas medidas de protección preventivas e de seguridade, coa realización dos correspondentes protocolos de seguridade necesarios para previr contaxios, así como a adopción de medidas organizativas e de seguridade.
  • Os protocolos deben contemplar os supostos nos que os opositores teñan síntomas, estean xa diagnosticados ou estean en corentena por contacto estreito cun infectado. Neste situación os afectados deberían ter dereito a que se lle faga a proba despois de superar o correspondente proceso de corentena.

Neste senso, e tal e como propoñíamos desde CCOO, acordouse por unanimidade solicitar  á Dirección Xeral de Función Pública, o informe do Comité Clínico e os protocolos de seguridade de cara a iniciar un proceso de valoración e negociación dos mesmos, para proceder a continuidade de celebración ou non dos proceso de funcionarización da OPE 2018.

Mención especial merece o extremismo e alarmismo da CSIF coa proposta de solicitude inmediata de paralización de calquera proceso selectivo por non darse as medidas de seguridade existentes. A propia CSIF ao ver que non tiña apoios a súa proposta de paralización inmediata decidiu sumarse ao proposto por CCOO e de xeito unánime co resto de organizacións do Comité Intercentros.
 

Problemática COVID centros de educación: 

Ante a falta de negociación dos protocolos de seguridade e a modificación das condicións de traballo as que se ven sometidas as/os traballadoras/es da Consellería de Educación aprobamos por unanimidade instar aos Comités de Empresa da Consellería a presentar as correspondentes denuncias na Inspección de Traballo.