O profesorado interino de Secundaria que obteña praza no CADP será nomeado con efectos do 16 de setembro

CCOO-Ensino rexistrou no día de hoxe un escrito solicitando o nomeamento para este profesorado a 16 de setembro, dado que a orde do CADP no seu artigo 41 establece que non pode haber interrupcións nos nomeamentos deste persoal. A Consellería publica na súa web que  "o persoal interino con nomeamento en vigor que remate este nomeamento o día 15 de setembro de 2020 e obteña un destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais, os efectos do novo nomeamento serán desde o 16 de setembro de 2020 ata o 15 de setembro de 2021".