O Pacto de Toledo rexeita facer cambios nas xubilacións do Réxime de Clases Pasivas

Isto vén a confirmar que o traspaso da xestión do réxime de Clases Pasivas desde a Dirección Xeral de Custos de Persoal do Ministerio de Facenda, que tradicionalmente se encargou da mesma, cara ao novo Ministerio de Inclusión e Seguridade Social é un cambio meramente funcional.

Con esta decisión dase tranquilidade a todo o persoal funcionario pertencente ao rexime de clases pasivas ao non tocarse nin as contías nin os requisitos de acceso á xubilación e excluíu a potencial reforma deste réxime especial do catálogo de medidas que os partidos políticos xa comezaron a negociar.