Modificación da normativa de dedicación na UDC

  Ver infórmaTE

O pasado 6 de febreiro unha comisión delegada da Mesa de sindical do PDI, formada por representantes das centrais CCOO, CIG, CSIF e UGT, mantivo unha primeira xuntanza co vicerreitor de profesorado para abordar a modificación da normativa de dedicación do PDI.

Para CCOO a reforma da normativa de dedicación debe permitir:

  • A redución da dedicación máxima até a 240 horas.
  • Manter ou aumentar o cadro de persoal.
  • Facilitar a estabilización de los CIS e a súa entrada na carreira docente establecida no convenio colectivo.
  • Reducir desequilibrios entre áreas de coñecemento.
  • Contabilizar de forma axeitada a docencia, incluíndo a dedicación a:
    • TFG /FM, e a súa xestión.
    • Tarefas de xestión da docencia.
  • Contabilizar adecuadamente (os descontos por) a dedicación a cargos e outras tarefas de xestión.

Malia que CCOO poida concordar con algunhas das modificacións propostas pola reitoría, cos datos dispoñibles non é posible avaliar o impacto da mesma. Por iso, os sindicatos solicitamos ao vicerreitor de profesorado estes datos.

 

Comparte o que pensas