CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con representación no Ensino esixen antes do inicio da Mesa Sectorial de hoxe a recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas

Con motivo da celebración da Mesa Sectorial de hoxe, CCOO e o resto de OOSS con presenza na mesma volven a esixir a administración a recuperación do horario lectivo de 21 horas en primaria e 18 horas en secundaria, continuando coas reivindicacións iniciadas desde o inicio de curso e que culminaron na folga do pasado 12 de decembro, e denuncian a falta de negociación da administración educativa galega