CCOO valora positivamente a aprobación da suba salarial para empregadas e empregados públicos aprobada hoxe no Consello de Ministros

CCOO, sindicato maioritario nas Administracións Públicas, leva tempo  mobilizandose para que esta suba salarial do 2%, máis 0,3% de fondos adicionais, fóra garantida e executada de forma inmediata, pactada no acordo do 8 de marzo de 2018.

A semana pasada o sindicato remitiu unha carta á nova ministra de Política Territorial e Función Pública expoñendo a necesidade e urxencia de que se acelerasen os trámites para aprobar os incrementos salariais pactados. 

Finalmente, o novo Goberno prioriza esta medida e anuncia a súa aprobación no Consello de Ministros e Ministras con intención de facela efectiva inmediatamente, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2020 o que se concretou no día de hoxe.

CCOO valora positivamente o recoñecemento explícito do goberno ás empregadas e empregados públicos e  recordalle  que  é necesario seguir avanzando na recuperación dos dereitos arrebatados e o fortalecemento dos servizos públicos. 

CCOO seguirá defendendo os dereitos de todos as traballadoras e traballadores dos servizos públicos, e liderando a negociación colectiva.