A Valedora do pobo admite a trámite e abre dilixencias tras a queixa presentada por CCOO pola distribución do material de Hazte oír nos centros educativos de Galicia

CCOO presentara unha queixa diante da Valedora do Pobo pola distribución do material da organización de ultradereita Hazte Oír nos centros educativos de Galicia na súa campaña pola implantación do pin parental, por constituír este un delito de odio e por fomentalo contra o colectivo LGTBI.

A Oficina da Valedora acaba de comunicar a admisón a trámite da devandita queixa e o inicio das accións necesarias.

Así mesmo, desde CCOO solicitouse unha xuntanza urxente do Observatorio Galego contra a discriminación por razon de orientación sexual e identidade de xénero, que confirman desde o propio Observatorio que terá lugar neste mes de xaneiro.

Comparte o que pensas