A Xunta de Galicia despreza un ano mais aos representantes do profesorado ao anunciar aos medios a oferta de emprego público para o vindeiro ano sen negociación previa

CCOO-Ensino valora o feito de que o goberno galego se comprometa  a acadar o obxectivo da reducion da taxa de interinidade ao 5%, tal e como figura no Acordo de acceso ás listas de interinidades e substitucións asinado por CCOO. Como asinantes do acordo advertimos á Consellería que é necesaria unha oferta de arredor de 1300 prazas de estabilización para conseguir dito obxectivo. Calquera oferta que non acade a taxas marcadas sera valorada negativamente por CCOO.

CCOO esixe novamente unha xuntanza urxente da Comisión de Seguimento do Acordo de Emprego e da Mesa Sectorial para tratar todos os asuntos relacionados coa OPE onde se concrete o número de prazas de estabilización e se xustifiquen as especialidades a ofertar. Non renunciamos a que a oferta publicitada poida modificarse de consideralo necesario.