As catro organizacións sindicais da Mesa Sectorial péchanse na Consellaría de Educación para esixir a negociación da devolución do horario lectivo

ÚLTIMA HORA: Despois da esixencia das organizacións sindicais de ser recibidas unitariamente, o secretario xeral récnico e o director xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos‬ que a conselleira nos recibirá a semana que vén ás catro organizacións sindicais. Polo que damos por finalizado o peche en espera desa xuntanza.

As representacións sindicais teñen intención de permanecer en San Caetano até que as reciba a conselleira, malia que o secretario xeral técnico e o director xeral de Persoal se presentaron nas dependencias de Educación para anunciar que non o vai facer.

Representantes das catro organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial, CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FeSP-UGT acaban de iniciar esta mañá un peche nas instalacións da Consellaría de Educación logo de que a súa titular, Carmen Pomar, non respondera á petición incluída na carta conxunta que lle foi remitida o pasado 11 de outubro. Na misiva solicitábase a apertura dunha negociación para recuperar o horario lectivo recortado por Feijóo con anterioridade ao RD 14/2012, que acaba de derrogar o Goberno do Estado. En concreto, demandábase a volta aos 18 períodos lectivos máximos en secundaria e aos 21 en primaria, un dereito que xa recuperaron outras sete comunidades autónomas.

Os representantes sindicais teñen a intención de ficar nas dependencias da Consellaría até que os recibiba a súa titular, malia que nun primeiro contacto co seu equipo avanzáronlles que non ten pensado reunirse con eles.

ÚLTIMA HORA - 14:15 - O Secretario Xeral Técnico e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos‬ que a conselleira nos recibiría na semana que vén ás catro organizacións sindicais por separado.
Os catro sindicatos mostramos o noso total rechazo e posto que a conselleira ten a axenda aberta para 4 reunións esiximos ser recibidos nunha reunión conxunta, tal e como solicitamos e posto que a petición é común.

Comparte o que pensas