CCOO rexeita as manifestacións públicas da inspección e XT da Coruña sobre a necesidade de eliminar as prazas de AL e PT dos catálogos de infantil e primaria.

  Diante das manifestacións públicas da inspección e XT da Coruña sobre a necesidade de eliminar as prazas de AL e PT dos catálogos de infantil e primaria, que pasarían a ser prazas de cupo como en secundaria, CCOO-Ensino púxose en contacto coa Consellería e afirman que dende a DX de Centros e RRHH non teñen pensado abordar ningunha modificaciòn nese sentido.

A modificación que formula o xefe rerritorial da Coruña suporía para nós a denuncia do acordo de catálogos do ano 2007, polo que o rexeitariamos de plano. Con esa proposta, os centros máis pequenos perderían a praza definitiva de PT e os máis grandes dependerían das decisións da inspección.

 CCOO Ensino rexeita un cambio dese tipo e, de materializarse, iniciariamos as accións necesarias e chamariamos o profesorado á mobilización.