CCOO esixe unha solución urxente á problemática suscitada no corpo de mestres coas listas de orientación e os chamamentos da lista de francés

 ver InfórmaTE coa POSICIÓN de CCOO-Ensino

  1. LISTAS ORIENTACIÓN PRIMARIA

Na Orde marco do CADP de 2018 a Consellería introduce un novo criterio no funcionamento das listas de orientación:

  • A partir do CADP do 2019 configuraríase cos mestres que tivesen consolidado na súa especialidade de orixe de forma dinámica, é decir, cambiando cada curso. Polo tanto, non estarían na lista de orientación quen tendo traballado nela non consolidara o posto na especialidade pola que se presentaran ao proceso selectivo.

Na xuntanza da Comisión de seguimento do Acordo de interinos a federación de Ensino de CCOO presenta a seguinte proposta:

“Todo o profesorado con tempo traballado en orientación configurarían unha lista estable ordenada pola data na que se comezou a traballar nesta. A continuación comezaría unha lista dinámica co profesorado que preste servizos tras a modificación do CADP”

É dicir, que non se aplique o cambio de criterio con efectos retroactivos.

  • Na adxudicación do CADP de 2019 aplícase o cambio de criterio que decidira a administración sen ningún tipo de acordo sindical.

Na xuntanza da comisión de seguimento do 16 de setembro de 2019 a Consellaría presenta unha proposta de modificación da orde do CADP pola que declárase Orientación como unha especialidade a efectos da confección das listas, polo tanto, na lista dinámica podería entrar aquela xente que traballase por Orientación e non consolidase posto na lista de referencia.

Nesta xuntanza CCOO- Ensino ratificou o posicionamento que xa manifestara na anterior Comisión de Seguimento.

CCOO considera que se debe establecer unha lista cunha parte fixa con todos aqueles que traballaron por Orientación ordenados pola data en que comezaron a prestar servizos e, a continuación, establecer a lista dinámica.

En todo caso como a Consellería mudou de opinión e considera a orientación como unha especialidade máis a posición de CCOO é a elaboración dunha lista estable con todos aqueles que prestaran servizos en orientación cos mesmos criterios que o resto das especialidades que se recollen no Acordo de Interinos.

CCOO advirte a administración que tras o cambio de criterio debérase estudar a adxudicación para que os casos aos que lles puidese corresponder traballar  e non foron adxudicados se lles ofertase unha vacante.

CCOO manterá esta postura na Mesa Sectorial do 24 de setembro na que se tratará esta modificación da orde do CADP.

  1. LISTAS FRANCÉS DO CORPO DE MESTRES

Na mesma xuntanza da comisión de seguimento do 16 de setembro de 2019, CCOO denunciou que se están a cubrir prazas de FF con profesorado da lista de Primaria. Na actualidade os cadros de persoal de todos os centros de Primaria con máis de 6 ou máis unidades están dotados cunha praza de FF .

Mentres estes catálogos estean vixentes CCOO-Ensino esixe a cobertura das prazas de FF con profesorado da lista de persoal interino desa especialidade.

Diante das irregularidades cometidas ata o momento CCOO esixe que nos centros saian as prazas de Francés que corresponden por catálogo e se adxudiquen por esta especialidade e non se cambie nos chamamentos o seu perfil e solicitamos que se proceda a compensar chamamento a aquelas persoas prexudicadas de la lista de francés, ao cubrir estas prazas por primaria de modo irregular

Esiximos á administración controle que o perfil das prazas se están a cargar desde os centros se corresponden cos cadros de persoal vixentes.

Comparte o que pensas